Consellería de Política Social e Igualdade

Consellería de Política Social e Igualdade

Esta Consellería é a que destina máis orzamentos no apoio de programas que desenvolve COGAMI, sendo estes:

  • O convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e COGAMI para a concesión de subvencións para o financiamento das actividades, programas e servizos de promoción da autonomía persoal e prevención e atención á dependencia da Confederación no ano 2020.
  • Tamén financia entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social, no que se desenvolven itinerarios especializados de inserción de persoas en risco de exclusión, preferentemente en situación de especial vulnerabilidade, como son mulleres, persoas con grande discapacidade… Este programa está cofinanciado polo FSE e o FEDER.    

         

  • A intervención social con acompañamento a través do IRPF 2017 é outros dos programas que financia a Consellería de Política Social e Igualdade, atendendo a 180 persoas con discapacidade. Por medio desta convocatoria, tamén foi posible comprar 2 vehículos para realizar o servizo de transporte adaptado nos centros de Monteporreiro en Pontevedra e Mos.
  • Outro programa que financia é o de formación prelaboral nos centros de recursos que temos en Lugo, Mos e Santiago a través do programa de Subvencións destinadas a confederacións, federacións e entidades de iniciativa social, sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de proxectos de asesoramento e formación de persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia, e que cofinancia o FSE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020.
  • Por último, a Consellería de Política Social e Igualdade subvenciona o programa de voluntariado, permitindo que se poidan desenvolver actividades de coordinación e dinamización da rede de voluntariado,  ademais de  actividades de sensibilización para o fomento da participación de persoas con discapacidade como persoas voluntarias e do programa de formación de voluntariado.

_____________________________________________________________

             

A Xunta de Galicia aprobou para COGAMI a adquisición de dous vehículos adaptados de transporte de persoas a través das subvencións destinadas á adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade por parte de entidades de iniciativa social da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGeneration EU de conformidade co Regulamento (UE) número 2021/241, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento BS631C).

_____________________________________________________________

Outro dos programas que financia a Consellería de Política Social e Igualdade é o Servizo de Atención Especializada á Muller con Discapacidade, co obxectivo de responder ás súas necesidades, especialmente das que se atopan en risco tras vivir situacións de violencia na contorna familiar, doméstica ou institucional.

No primeiro semestre de 2025, este recurso prestou atención directa a un total de 80 mulleres con discapacidade, sendo acompañadas por profesionais de traballo social nos centros que COGAMI ten nas cidades da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Vigo, Ourense e Lugo.

O servizo ofrece información, orientación, asesoramento e, cando é necesario, intervención tanto coa persoa como coa súa contorna familiar. O obxectivo é que as mulleres atendidas poidan acadar unha maior autonomía persoal, mellorar a súa situación social e avanzar na súa inserción laboral.