Deputación de A Coruña

Deputación de A Coruña

A Deputación de A Coruña apoia un programa de inserción laboral, contribuíndo na financiación dos servizos de orientación laboral que ten COGAMI na provincia. COGAMI conta con oficinas en A Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol, desde as que o equipo profesional se despraza ademais a tódalas comarcas para achegar o servizo ás persoas con discapacidade. O servizo de Orientación Laboral colabora na busca de emprego a persoas con discapacidade mediante entrevistas e orientacións laborais, visitas a empresas, accións grupais de técnicas de busca de emprego e de motivación e intermediación laboral entre a persoa usuaria e a empresa.

No ano 2020 ademais, a Deputación de A Coruña posibilitou a renovación do equipamento informático de dúas aulas de formación e catro postos de traballo do centro de recursos para persoas con discapacidade co que a entidade conta en Ferrol, a través da convocatoria FOIE, polo que se adquiriron un total de 36 equipos.