A Deputación de Ourense apoia o Servizo de Intermediación, Orientación e Prospección de Emprego (SIL) de COGAMI na provincia. Este apoio busca promover a igualdade de oportunidades no acceso ao mercado laboral a través de entrevistas ocupacionais; información, orientación e asesoramento laboral; intervención social complementaria; intermediación laboral; información, asesoramento e apoio ao sector empresarial; xestión de ofertas de traballo e seguimentos das persoas usuarias inseridas laboralmente.
Persoas inscritas na base de datos do servizo de Emprego de COGAMI na provincia de Ourense: 1.990 persoas.
Persoas que acadan a inserción: 1.152 persoas.
Período de execución: xaneiro a outubro 2026