Subvención para a contratación de traballadores desempregados polas entidades sen ánimo de lucro. Programa operativo de emprego xuvenil
A Secretaría Xeral de Emprego en data 01/10/2019 ditou resolución pola que se outorga unha subvención, con cargo á aplicación orzamentaria 09.40.322C.481.5, polo importe de 34.813,86 euros á entidade COGAMI, financiando así a contratación de 3 persoas mozas desempregadas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil para a realización do servizo “MELLORA DOS SERVIZOS DE ATENCIÓN INTEGRAL ÁS PERSOAS CON DISCAPACIDADE”.
As persoas contratadas ademais mellorarán a súa preparación profesional e adquiriran experiencia profesional a través do desenvolvemento das súas funcións profesionais durante un período de 7 meses en 3 dos centros de traballo cos que conta a entidade, e nos que se prestan servizos cuxo obxectivo último e conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade.
De xeito concreto, contratarase a dúas persoas que desenvolvan tarefas administrativas nas oficinas de Ferrol e Ourense, e outra, para a realización de tarefas de mantemento nos centros de traballo da entidade.
Esta axuda está cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.
A data límite para o inicio do servizo é o 15/11/2019
Importe da subvención concedida: 34.813,86 euros.
Duración: 7 meses.