Esta Secretaría Xeral financia en 2019 con 40.000 euros un programa dirixido a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e que cofinancia o Fondo Social Europeo, con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020.
Este financiamento permite que COGAMI desenvolva un Servizo de Atención Especializada á Muller con Discapacidade, co obxectivo de contribuír á consecución dos obxectivos vitais das mulleres con discapacidade beneficiarias do servizo, mediante o deseño, implementación e avaliación de plans personalizados de integración a fin de mellorar o seu grao de autonomía persoal e de participación social e/ou laboral.
Mantente ó día das novidades de COGAMI de xeito cómodo e sinxelo
COGAMI 2017 © Todos os dereitos reservados.