Abrimos as portas á nova web de Integratex, a iniciativa téxtil de COGAMI Empresarial

Abrimos as portas á nova web de Integratex, a iniciativa téxtil de COGAMI Empresarial

En COGAMI Empresarial seguimos avanzando na dixitalización e na visibilización das nosas iniciativas empresariais. Por iso, lanzamos a nova páxina web de Integratex, un espazo renovado e accesible onde poderás coñecer en detalle toda a actividade desta proposta empresarial centrada na venda de roupa, calzado e complementos.

A través desta nova web, ofrecemos unha ventá aberta á realidade dun proxecto que combina calidade, moda e impacto social positivo. As tendas outlet de Integratex, pertencentes a COGAMI Empresarial, consolidáronse como unha opción atractiva para todas aquelas persoas que queren renovar o seu armario con produtos de primeira calidade a prezos accesibles, sen renunciar ao estilo nin ao compromiso.

Integratex é moito máis que moda. Cada compra realizada contribúe a un proxecto social que promove a inclusión laboral das persoas con discapacidade, xerando oportunidades reais de emprego en contornas normalizadas e sostibles.

Convidámoste a visitar a nova web de Integratex, descubrir os produtos dispoñibles e coñecer máis a fondo o valor social que hai detrás de cada prenda. Porque cando elixes Integratex, estás a apostar por un consumo consciente, responsable e transformador.