COGAMI Empresarial recibe a representantes de FAAM para coñecer os seus centros especiais de emprego

COGAMI Empresarial recibe a representantes de FAAM para coñecer os seus centros especiais de emprego

Durante a xornada, os representantes da FAAM tiveron a oportunidade de visitar en concreto dúas das nosas empresas: Trameve, Tratamento medioambiental de Vehículos, e Galega de Economía Social. En ambos centros, puideron comprobar o labor que se desenvolve a diario para promover a inserción laboral das persoas con discapacidade, favorecendo a súa inclusión plena no mercado de traballo e na sociedade.

A visita tamén serviu como espazo para o intercambio de experiencias e boas prácticas entre ambas entidades, que comparten unha visión común: apostar por modelos de desenvolvemento inclusivos, sostibles e baseados nos dereitos das persoas con discapacidade.

Desde COGAMI Empresarial agradecemos o interese da FAAM e valoramos moi positivamente este tipo de encontros, que reforzan a colaboración entre organizacións comprometidas coa inclusión e o benestar das persoas con discapacidade.