Conducir con conciencia: COGAMI Empresarial impulsa unha formación en Condución Segura e Eficiente

Conducir con conciencia: COGAMI Empresarial impulsa unha formación en Condución Segura e Eficiente

Esta formación non só busca reducir riscos ao volante, senón tamén promover unha condución máis responsable e sostible, que teña en conta o impacto ambiental e o benestar tanto das persoas condutoras como da contorna.

Que se traballa nesta formación?

Durante a sesión, o persoal participante abordou distintos aspectos clave que inflúen na seguridade e eficiencia ao volante, entre eles:

Técnicas de condución preventiva e anticipación

Redución do consumo de combustible e emisións contaminantes

Hábitos de mantemento básico do vehículo

Postura correcta e ergonomía ao conducir

Toma de decisións ante imprevistos na estrada

Este enfoque permite que cada persoa reforce as súas competencias técnicas e de seguridade, ao tempo que adopta prácticas máis responsables e respectuosas co medio.

Unha formación que encaixa nunha estratexia global

“Condución Segura e Eficiente” é unha das iniciativas formativas que reforzan o compromiso de COGAMI Empresarial cun modelo de xestión que coida das persoas e protexe o entorno.

Aliñase coa implementación de figuras clave como a Persoa Áncora, que traballa desde dentro para fomentar contornas laborais máis humanos, e con outras medidas como a dixitalización de procesos ou a redución de residuos nos distintos centros de traballo.

Conducimos cara a un modelo de empresa máis consciente

En COGAMI Empresarial apostamos por formar equipos informados, capacitados e comprometidos. Porque cada decisión, mesmo detrás do volante, pode marcar a diferenza no noso impacto social e ambiental.

Esta formación foi levada a cabo no marco dun proxecto cofinanciado polo FSE+ a través da CEPES

Sigue o noso blog para coñecer máis accións que constrúen un futuro empresarial máis responsable, humano e sostible.