Grafinco: creatividade e innovación con impacto social

A comunicación visual evoluciona constantemente e, con ela, tamén o fan os servizos gráficos. Consciente desta transformación, Grafinco continúa apostando pola innovación, a diversificación e a mellora continua para ofrecer solucións cada vez máis completas, personalizadas e sostibles.

Durante 2025, a empresa desenvolveu a súa actividade desde o seu centro de impresión en Lugo cun equipo formado por 13 persoas traballadoras, das que o 84,62 % teñen discapacidade, demostrando que a excelencia nas artes gráficas pode ir da man da creación de emprego inclusivo.

A actividade de Grafinco abrangue diferentes liñas de negocio, nas que a impresión continúa representando a maior parte da súa produción, xunto con servizos de merchandising, marcaxe téxtil, packaging personalizado e outros produtos gráficos adaptados ás necesidades de empresas, administracións e entidades. A empresa aposta por acompañar aos seus clientes en todo o proceso, desde a idea inicial ata o produto final, ofrecendo solucións personalizadas que combinan creatividade, calidade e innovación.

Co obxectivo de seguir medrando e chegar a novos mercados, durante 2025 a empresa impulsou un novo Plan Comercial para Galicia, Asturias e León, reforzando a súa estratexia de expansión e consolidación. Paralelamente, participou en encontros profesionais como C!Print Madrid e Etiqueta Negra, espazos que lle permitiron coñecer as últimas tendencias do sector, establecer novas alianzas comerciais e continuar innovando nos seus servizos.

A sustentabilidade continúa sendo outro dos sinais de identidade de Grafinco. Durante o último ano renovou as certificacións FSC® e PEFC, que garanten o uso responsable de materias primas procedentes de bosques xestionados de forma sostible, reforzando así o seu compromiso coa protección do medio ambiente.

A empresa continuou ademais mellorando os seus procesos produtivos mediante accións de formación especializada para o persoal e avances na xestión da cor e da calidade de impresión, consolidando un modelo baseado na innovación e na mellora continua.

Como empresa de COGAMI Empresarial, Grafinco demostra que a creatividade, a calidade e a competitividade poden convivir cun firme compromiso coa inclusión social. A través da innovación, da sustentabilidade e da creación de emprego para persoas con discapacidade, continúa xerando valor para os seus clientes e contribuíndo a un modelo empresarial máis responsable e inclusivo.

Galería de imaxes

Todas