Hornos de Lamastelle na Radio Galega: economía social con visión de futuro

Hornos de Lamastelle na Radio Galega: economía social con visión de futuro

O xerente de Hornos de Lamastelle, Manuel Santos, participou recentemente no programa La Revista, da Radio Galega, onde compartiu a traxectoria da empresa: como naceu o proxecto, onde se atopa na actualidade e cales son os seus retos de futuro.

Durante a entrevista, falouse da orixe de Hornos de Lamastelle como iniciativa empresarial vencellada á economía social, destacando o seu compromiso coa creación de emprego para persoas con discapacidade.  Este fin social convive cun modelo empresarial orientado ao mercado, baseado na elaboración de produtos de alta calidade, competitivos e plenamente adaptados ás esixencias comerciais.

Ao longo da intervención fíxose referencia á convivencia entre persoas e produto como eixos fundamentais do proxecto, poñendo de manifesto que o compromiso social forma parte da identidade da empresa, onde  o valor diferencial de Hornos de Lamastelle reside precisamente no equilibrio entre persoas e produto: unha empresa comprometida coa inclusión laboral que, ao mesmo tempo, aposta por ofrecer produtos de alta calidade, competitivos e plenamente adaptados ás esixencias do mercado.

A entrevista completouse coa participación de Isabel, unha das traballadoras da empresa, que compartiu a súa experiencia persoal e laboral, poñendo voz ao impacto real que este tipo de iniciativas teñen na vida das persoas. O seu testemuño reforzou a idea de que a economía social non é só un modelo empresarial, senón tamén unha ferramenta de transformación social.

A participación no programa permitiu achegar unha visión completa do modelo de Hornos de Lamastelle, na que se pon en valor tanto o proxecto empresarial como ás persoas que o fan posible cada día. Un exemplo claro de que a economía social pode ser sostible, competitiva e con futuro.

Desde COGAMI Empresarial, parabéns a todo o equipo de Hornos de Lamastelle por esta participación e polo traballo continuo en favor dun modelo de empresa que combina impacto social e excelencia profesional. 

Para coñecer máis de preto o proxecto, a súa filosofía e a variedade de produtos que elaboran, convidámoste a visitar a web de Hornos de Lamastelle, onde pode afondar nesta iniciativa de economía social: www.lamastelle.com