Innovar para crear máis oportunidades: a transformación continua de COGAMI Empresarial

Innovar é moito máis que incorporar novas tecnoloxías. Significa anticiparse aos cambios, mellorar os procesos, explorar novas oportunidades e atopar solucións capaces de xerar valor para as persoas, as empresas e a sociedade. Con esta visión, COGAMI Empresarial continuou impulsando durante 2025 unha estratexia de innovación presente nas diferentes áreas de actividade do Grupo.

Ao longo do ano, as empresas de COGAMI Empresarial desenvolveron iniciativas orientadas á mellora continua, á transformación dixital, á diversificación dos seus servizos e á incorporación de novos modelos de traballo, reforzando a súa capacidade para competir nun mercado cada vez máis esixente.

A innovación estivo presente na actividade de Grafinco, coa posta en marcha dun novo Plan Comercial para Galicia, Asturias e León, a ampliación da súa oferta de servizos e a participación en encontros profesionais como C!Print Madrid e Etiqueta Negra, onde coñeceu novas tendencias e estableceu alianzas estratéxicas para seguir evolucionando.

En Integratex, a transformación dixital deu un paso adiante coa estrea dunha nova páxina web corporativa, mellorando a comunicación coa clientela e reforzando a presenza da empresa no ámbito dixital.

Pola súa banda, Combina Social incorporou formación específica en Intelixencia Artificial para mellorar os procesos internos e potenciar as competencias dixitais do seu equipo, mentres que Dixardín continuou renovando maquinaria e equipamentos máis eficientes e sostibles, incorporando novas solucións para optimizar o mantemento dos espazos verdes.

A innovación tamén se traduciu na creación de novos produtos e procesos. Hornos de Lamastelle avanzou na valorización dos biorresiduos para a súa transformación en compost, mentres que Trameve continuou desenvolvendo iniciativas de reutilización de compoñentes de vehículos fóra de uso, impulsando novas aplicacións baseadas na Economía Circular e na recuperación de materiais.

Ao mesmo tempo, Accede Social continuou renovando progresivamente a súa frota de vehículos adaptados, incorporando unidades máis eficientes e con menores emisións, contribuíndo a unha mobilidade máis sostible e accesible.

Todas estas actuacións responden a unha mesma estratexia: entender a innovación como unha ferramenta para mellorar a competitividade das empresas, incrementar a calidade dos seus servizos e seguir creando oportunidades de emprego para as persoas con discapacidade.

Galería de imaxes

Todas