Trameve participa nos Ecosocial Talks de LIESGA para falar de economía circular e inclusión laboral

COGAMI Empresarial continúa visibilizando o compromiso das súas iniciativas empresariais cun modelo económico máis sostible e inclusivo. Nesta ocasión, Luis Penido, xerente de Trameve, participou nun novo episodio dos Ecosocial Talks, un espazo de conversa impulsado polo Laboratorio de Innovación e Economía Social de Galicia (LIESGA).

Os Ecosocial Talks son entrevistas en formato audiovisual que dan voz a proxectos e persoas que están a transformar o territorio galego desde a economía social. A través dun enfoque próximo e divulgativo, abórdanse cuestións clave como a inclusión laboral, a economía circular, os coidados, a innovación social ou os retos de futuro do sector, poñendo en valor experiencias reais que xa están a funcionar en Galicia.

Neste novo episodio, centrado na economía circular, Luis Penido participou xunto con Compostela Inserta nunha conversa arredor de modelos empresariais inclusivos, sostibles e con impacto social real, compartindo a experiencia de Trameve e o seu compromiso cunha economía que combina viabilidade empresarial e responsabilidade social. Durante a súa intervención, Penido falou da orixe de Trameve, da súa vocación de inclusión laboral desde o inicio, da filosofía do proxecto baseada no respecto polo medio ambiente e puxo en valor a razón de ser da empresa como exemplo de que é posible desenvolver unha actividade económica competitiva sen renunciar aos valores sociais.

O episodio completo pode verse no seguinte enlace de YouTube:

Desde COGAMI Empresarial valoramos moi positivamente este tipo de iniciativas que contribúen a dar visibilidade ao traballo das nosas empresas e ao papel fundamental da economía social na construción dun futuro máis xusto e sostible.

Galería de imaxes

Todas