A asociación A Mariña COGAMI mellora a seguridade e accesibilidade do seu centro de atención diúrna cos fondos do 0,7 % do IRPF

O proxecto beneficia directamente a 30 persoas usuarias, permitindo o uso seguro de xardíns e espazos exteriores.


A Asociación A Mariña COGAMI está a executar un proxecto de mellora das instalacións do seu centro de atención diúrna de Palmeiro-Xove, a través da convocatoria do 0,7 % do IRPF para fins sociais, financiada pola Xunta de Galicia.

A actuación céntrase na instalación dun peche perimetral metálico tipo Hércules, con varias portas de acceso, co obxectivo de garantir a seguridade das instalacións e permitir que as persoas usuarias poidan gozar do xardín e dos espazos exteriores con tranquilidade. Este proxecto beneficiará directamente a 30 persoas usuarias con diferentes graos de dependencia, mellorando a súa calidade de vida ao favorecer actividades ao aire libre que contribúen á súa saúde física, autonomía e benestar emocional.

A Asociación A Mariña COGAMI é unha entidade sen ánimo de lucro que leva máis de 36 anos traballando pola defensa dos dereitos e a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade e/ou en situación de dependencia na comarca da Mariña Lucense. A entidade desenvolve programas de atención social, laboral e comunitaria, así como proxectos de formación, integración e accesibilidade, consolidándose como un referente na comarca e impulsando recursos que facilitan a participación plena das persoas con discapacidade na sociedade.  

Galería de imaxes

Todas
|
A Mariña COGAMI
|
IRPF