A asociación ACADAR presenta unha guía sobre violencia sexual dixital cara ás nenas e mulleres con discapacidade

A asociación ACADAR presenta unha guía sobre violencia sexual dixital cara ás nenas e mulleres con discapacidade

A Asociación Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR) presentou no centro de atención diúrna que COGAMI ten en Monteporreiro, Pontevedra, e tamén nas instalacións da asociación Aixiña de Ourense, unha guía sobre Violencia sexual dixital cara ás nenas e mulleres con discapacidade.

As encargadas de falar sobre esta guía foi a membro da xunta directiva da entidade, Lorena Quintas, xunto a integrantes do equipo técnico de ACADAR, ás que se lles uniu en Ourense a técnica de COCEMFE, Diana Valeras.

Financiada a través da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e do Ministerio de Igualdade, esta guía nace co obxectivo de poñer a disposición da sociedade un recurso para coñecer, previr, identificar e erradicar a violencia sexual dixital cara ás nenas e mulleres con discapacidade.

Dirixida principalmente ás mulleres e nenas con discapacidade e, por extensión, á súa contorna próxima como son familiares, amizades e profesionais de referencia, esta guía tamén pode resultar de interese para calquera outra persoa que non teña relación co ámbito da discapacidade.

Esta nova guía que dende ACADAR están presentando por diferentes centros e entidades que COGAMI ten por toda a Comunidade, é a continuidade doutras guías inéditas anteriores a esta que elaborou a entidade como a de Violencia contra as mulleres con discapacidade. Ver e recoñecer os sinais e a guía Violencia Sexual cara ás mulleres con discapacidade.

Durante o mes de abril están previstas outras presentacións nas provincias de A Coruña e Lugo. A guía Violencia sexual dixital cara ás nenas e mulleres con discapacidade será subida á web da asociación www.acadar.org, para que sexa de libre acceso para toda persoa que a queira consultar.

Galería de imaxes