A asociación ACADAR reforza a súa actividade coa incorporación de persoal a través do Programa de Cooperación

A Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia, ACADAR, foi unha das entidades beneficiarias do Programa de Cooperación que promove a Consellería de Emprego, Comercio e Inmigración. 

A través desta liña de subvencións, a entidade puido incorporar durante o ano 2026 unha profesional do ámbito da administración, contribuíndo así ao fortalecemento da súa capacidade organizativa e á mellora dos servizos que presta ás mulleres con discapacidade.

A contratación desenvolveuse ao longo de 12 meses, cunha dedicación correspondente ao 75 % da xornada laboral, permitindo reforzar o traballo diario da asociación e optimizar a xestión dos seus programas e actividades.

Este programa de Cooperación está dirixido a entidades sen ánimo de lucro e ten como obxectivo fomentar a creación de emprego mediante a contratación de profesionais que desenvolvan actuacións de interese social, especialmente orientadas á mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade e doutros colectivos con necesidades específicas.

Para acceder a estes contratos, as persoas candidatas deben cumprir como requisitoso estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes de emprego, posuír a formación requirida para o posto ofertado e non ter sido contratadas a través desta mesma liña de financiamento nas tres convocatorias anteriores.

Dende ACADAR destacan a importancia deste tipo de programas, “xa que nos permiten ás entidades sociais contar con recursos humanos adicionais para atender de maneira máis eficaz as necesidades das persoas usuarias”, indican dende a entidade. Para as entidades do Terceiro Sector, que habitualmente dispoñen de recursos limitados, o reforzo de persoal resulta fundamental para garantir a continuidade e a calidade dos servizos que prestan á cidadanía.

Galería de imaxes

Todas