A asociación AGAPA inicia programa de fisioterapia especializada a persoas amputadas de 2025

O Servizo de Apoio dirixido a promover a autonomía persoal de persoas con amputacións que desenvolve a asociación AGAPA inicia nova edición este mes de abril. Trátase dun programa de fisioterapia que busca mellorar a calidade de vida das persoas con amputacións a través de tratamentos personalizados en centros especializados.

Nesta edición de 2025, participarán 34 persoas usuarias procedentes das catro provincias galegas, que recibirán atención en 20 clínicas colaboradoras. O obxectivo do programa é favorecer a recuperación funcional, a mobilidade e a autonomía das persoas participantes, reducindo o impacto das amputacións no seu día a día.

O servizo está financiado pola Fundación ONCE e baséase na experiencia acumulada en anos anteriores, nos que se comprobou a efectividade da fisioterapia especializada na mellora da autonomía persoal.

Galería de imaxes

Todas