A asociación Ambar e a Confraría da Illa de Arousa presentan unha guía dixital para promover  o turismo accesible

A Asociación Ambar, en colaboración coa Confraría da Illa de Arousa, presentou arousaaccesible.gal, unha nova plataforma dixital que ten como obxectivo converter a ría de Arousa nun referente en accesibilidade, facilitando o acceso a servizos, recursos e espazos para todas as persoas.

A través desta web, as persoas usuarias poderán atopar información actualizada e detallada sobre os lugares e actividades accesibles na comarca, o que permite que todas as persoas poidan planificar as súas saídas e gozar plenamente da contorna.

O proxecto "Ría de Arousa Accesible" contou coa financiación da Xunta de Galicia, do Galp Ría de Arousa e á cofinanciación da Unión Europea, que apostaron por esta iniciativa de gran impacto social. Dende Ambar animan á cidadanía e  profesionais do sector a explorar a web e a traballar en conxunto para facer da inclusión unha realidade en cada recuncho da nosa ría.

Galería de imaxes

Todas