A asociación Ambar impulsa a cohesión social na Barbanza a través da vela e actividades comunitarias

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional vén de pechar o seu programa de Lecer, Cultura e Deportes Inclusivos, unha iniciativa que buscou impulsar a participación social das persoas con discapacidade mediante actividades deportivas e culturais.

Nesta edición, un total de 23 persoas usuarias da entidade participaron en diferentes saídas de vela na comarca do Barbanza, creando espazos de encontro e convivencia con outros membros da comunidade.

O proxecto, financiado cos fondos do 0,7% do IRPF xestionados pola Xunta de Galicia, ten como obxectivo fomentar a cohesión social, promover a autonomía das persoas na súa contorna máis próxima e evitar dinámicas de illamento ou institucionalización.

Segundo explican desde Ambar, o programa aposta por xerar oportunidades compartidas entre persoas mozas e outros colectivos do territorio, favorecendo así a inclusión real, as relacións sociais e o apoio mutuo.

Galería de imaxes

Todas
|
AMBAR
|
IRPF
|
X SOLIDARIA
|
XUNTA