A Asociación Galega de Fibrose Quística impulsa un programa de atención especializada con financiamento do 0,7% do IRPF

O proxecto, cofinanciado pola Xunta de Galicia a través dos fondos da X Solidaria, permitiu contratar profesionais de fisioterapia e traballo social para apoiar a 76 persoas con fibrose quística e familias.

A Asociación Galega de Fibrose Quística desenvolveu un programa de atención especializada para persoas con fibrose quística.  Este proxecto fixo posible a contratación dun fisioterapeuta encargado de impartir sesións de fisioterapia respiratoria e exercicio físico, dirixidas a nenos e nenas, mocidade e persoas adultas con fibrose quística, así como ás súas nais e pais, co obxectivo de ensinar as técnicas adecuadas que fomenten a autonomía persoal.

Este programa está financiado pola Xunta de Galicia a través da asignación tributaria do 0,7% do IRPF, dentro da convocatoria de subvencións para programas de interese xeral de carácter social.

O programa tamén permitiu cofinanciar a contratación dunha traballadora social que ofreceu apoio, asesoramento e orientación ás persoas con fibrose quística e ás súas familias. En total, foron 76 as persoas beneficiarias desta iniciativa, que supón un paso adiante na mellora da calidade de vida das persoas con fibrose quística en Galicia.

Galería de imaxes

Todas
|
AGFQ
|
COGAMI
|
IRPF