A Asociación Párkinson Galicia-Coruña reforza a súa atención especializada nun programa que financia a X Solidaria

A Asociación Párkinson Galicia-Coruña continúa o seu compromiso cunha atención próxima, especializada e centrada na persoa coa posta en marcha do “Programa de Atención Especializada para persoas con discapadidade”, que permitiu reforzar as sesións individuais en todos os servizos terapéuticos da entidade.

Este proxecto foi posible con cargo aos fondos do 0,7 % do IRPF da declaración da renda, xestionados pola Xunta de Galicia, e ao compromiso solidario de todas as persoas que marcan a X Solidaria na súa declaración. Un xesto sinxelo que se traduce en oportunidades reais para milleiros de persoas.

Con este proxecto, Párkinson Galicia-Coruña reforzou a atención individual en áreas clave como a fisioterapia, a logopedia, a neuropsicoloxía e o traballo social. Estes servizos resultan fundamentais para abordar tanto os síntomas motores como os non motores do párkinson, favorecer a autonomía persoal e mellorar o benestar físico, cognitivo, emocional e social de 21 persoas usuarias da entidade.

Este programa contribúe así á consolidación dun modelo de atención centrado na persoa, no que se prioriza a calidade da intervención, a personalización dos apoios e o acompañamento continuado ao longo do proceso da enfermidade.A Asociación Párkinson Galicia-Coruña continúa o seu compromiso cunha atención próxima, especializada e centrada na persoa coa posta en marcha do “Programa de Atención Especializada para persoas con discapadidade”, que permitiu reforzar as sesións individuais en todos os servizos terapéuticos da entidade.

Este proxecto foi posible con cargo aos fondos do 0,7 % do IRPF da declaración da renda, xestionados pola Xunta de Galicia, e ao compromiso solidario de todas as persoas que marcan a X Solidaria na súa declaración. Un xesto sinxelo que se traduce en oportunidades reais para milleiros de persoas.

Con este proxecto, Párkinson Galicia-Coruña reforzou a atención individual en áreas clave como a fisioterapia, a logopedia, a neuropsicoloxía e o traballo social. Estes servizos resultan fundamentais para abordar tanto os síntomas motores como os non motores do párkinson, favorecer a autonomía persoal e mellorar o benestar físico, cognitivo, emocional e social de 21 persoas usuarias da entidade.

Este programa contribúe así á consolidación dun modelo de atención centrado na persoa, no que se prioriza a calidade da intervención, a personalización dos apoios e o acompañamento continuado ao longo do proceso da enfermidade.

Galería de imaxes

Todas