A deputada Mar García Vidal, acompañada da primeira tenente de alcaldesa e concelleira de Cultura, Turismo e Facenda do Concello de Muros, Caridad González Cerviño, visitou o centro de atención diúrna e ocupacional da entidade ADISBISMUR, en Valadares, para facer entrega dun vehículo adaptado destinado ao transporte das persoas usuarias do centro.
Durante a visita, na que estiveron presentes o presidente de ADISBISMUR, Ramón Sestayo, e a coordinadora da asociación, Fina Lestón, as representantes institucionais interesáronse polo funcionamento do centro e polos servizos que presta en favor da autonomía persoal das persoas usuarias procedentes da comarca.
Este novo vehículo permitirá reforzar o servizo de transporte adaptado prestado polo entidade, que realiza máis de 850 kilómetros diarios nas distintas rutas, e facilitará a incorporación de novas persoas usuarias procedentes de distintos concellos da comarca, resultando esencial para garantir o acceso ás actividades e servizos da entidade, especialmente nun territorio cunha importante dispersión xeográfica.
Actualmente, o centro atende a medio cento de persoas con discapacidade e desenvolve programas de apoio terapéutico, formación, rehabilitación e inclusión social, entre outros.