A Deputación de Ourense apoia o servizo de Emprego de COGAMI para promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade

A Deputación de Ourense renova o seu compromiso coa inclusión laboral das persoas con discapacidade a través do apoio ao Servizo de Intermediación, Orientación e Prospección de Emprego (SIL) que COGAMI mantén na provincia.

Esta colaboración, que se desenvolve entre xaneiro e outubro de 2026, ten como finalidade promover a igualdade de oportunidades no acceso ao mercado laboral, desenvolvendo accións que faciliten tanto a inserción social como profesional das persoas con discapacidade.

Entre as actuacións que se levan a cabo destacan entrevistas ocupacionais; información, orientación e asesoramento laboral; intervención social complementaria; intermediación laboral; información, asesoramento e apoio ao sector empresarial; xestión de ofertas de traballo e seguimentos das persoas usuarias inseridas laboralmente.

Durante este período inseríronse laboralmente 1.152 personas, froito das accións de orientación e acompañamento realizadas coas persoas usuarias. Actualmente, 2.000 persoas con discapacidade están inscritas na base de datos de emprego de COGAMI na provincia.

Estes resultados poñen de manifesto o impacto positivo do traballo conxunto entre COGAMI e as diferentes administración públicas como é o caso da Deputación de Ourense, para contribuír a mellorar a empregabilidade e favorecer a inclusión laboral real e efectiva das persoas con discapacidade na provincia.

Galería de imaxes

Todas