A Deputación de Ourense seguirá co apoio e compromiso de traballo conxunto para dar maior visibilidade ao labor que realiza COGAMI. Así o anunciou o presidente provincial, Luis Menor, tralo encontro mantido co presidente da Confederación, Anxo Queiruga, a presidenta da Federación provincial Discafis-COGAMI, Laura Quintas e a coordinadora de COGAMI en Ourense, Mónica Limia.
No encontro, Luis Menor ratificou o apoio que vén mantendo a Deputación para dar resposta a súa demanda de dar estabilidade e previsión a esta colaboración "porque as súas necesidades son recorrentes e non admiten da oportunidade política". Tras realizar o labor que desenvolve COGAMI na provincia, o Presidente Provincial comprometeuse a “traballar xuntos para eliminar esas barreiras que aínda existen e lograr unha sociedade máis igualitaria".
Anxo Queiruga, agradeceu a colaboración da Deputación para "apoiar o mantemento e funcionamento do servizo de Emprego", que está presente en toda Galicia, especialmente no ámbito rural. "O noso obxectivo é a inserción laboral e nos cursos de formación que fixemos no ano 2023, o 46% das persoas que formamos atoparon un emprego aos seis meses de rematar o curso", salientou Queiruga.