A entidade Ambar celebra o Día das Familias con convivencia interxeneracional

O merendeiro de Cabío foi o lugar escollido pola asociación Ambar para celebrar o Día das Familias. A xornada, organizada, marcada polo bo tempo e a alta participación de familias, logrou o seu obxectivo principal: estreitar lazos comunitarios a través do xogo, a aprendizaxe e a convivencia interxeracional.

Máis de 120 persoas participaron nunha xincana de catro probas e compartiron unha xornada de convivencia. A aprendizaxe da lingua de signos, o traballo en equipo e o lecer foron protagonistas nunha xornada que pechou co tradicional vermú musical.

A actividade central foi unha xincana adaptada para todas as idades e dividida en catro estacións temáticas. Cada participante recibiu unha credencial oficial que debía ir completando cos selos correspondentes tras superaren cada proba.

O broche de ouro foron uns petiscos comunitarios acompañados dunha sesión vermú musical, un dos momentos máis valorados polas persoas asistentes, consolidando o evento como unha xornada de lecer compartido.

Galería de imaxes

Todas