A entidade Ambar expón en Betanzos a mostra de gravados ACOTÍO

A Fundación CIEC de Betanzos acolleu a inauguración da mostra ACOTÍO, un conxunto de oito pezas de punta sexa realizadas por persoas usuarias servizo de atención diúrna da entidade Ambar de Ribeira.

Froito dun obradoiro intensivo co mestre gravador Pepe Míguez, baixo a coordinación de Manu Mimé, facilitador da área de arte, a exposición reivindica o rigor técnico e a capacidade creativa deste colectivo. 

O título fai referencia ao xeito en que os artistas transforman a rutina e os obxectos cotiáns en algo esencial. Ademais das estampas, poderanse contemplar as matrices orixinais, poñendo en valor todo o proceso artesanal realizado por Daniel Piñeiro, David González, Domingo Ruiz, Esperanza Silva, Javier García del Río, Juan Sampedro, Mª Eugenia Reiriz e Mónica Rial. 

Galería de imaxes

Todas