Durante esta fin de semana a Liga Reumatolóxica Galega conmemorou o seu 30 Aniversario en A Coruña e fíxoo coa organización de dúas accións centrais. A primeira delas foi a realización no Centro Universitario de Riazor da xornada técnica "A persoa con ERyMES, da cabeza aos pés" durante o venres, que xuntou a especialistas en reumatoloxía, cardioloxía, pneumoloxía, odontoloxía, dermatoloxía e podoloxía.
Durante o sábado, o Palacio da Ópera acolleu a gala dos Premios Liga con Nós 2026, uns recoñecementos nos que a entidade recoñeceu a trece profesionais, entidades e institucións que contribúen a humanizar a atención e mellorara a calidade de vida das persoas que teñen unha patoloxía reumática.
Os premios da Liga Reumatolóxica Galega recaeron en Natalia Palmou Fontana (reumatóloga del Hospital Universitario Marqués de Valdecilla de Santander); Rafael Benito Melero González (reumatólogo do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense); Inmaculada Tomás Carmona (odontóloga, coordinadora do Servicio I+D en Odontoloxía para Pacientes con Necesidades Especiais da USC); Fabiola García Martínez (exconselleira de Política Social e Igualdade da Xunta); Nereida María Canosa Domínguez (concelleira de Benestar Social del Concello da Coruña); Caterina Devesa Puente (xornalista de La Voz de Galicia).
Tamén resultaron premiados o SEPIU (Servicio Universitario de A Coruña); dous programas universitarios da Universidade da Coruña, ademais das entidades FEGEREC (Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas) e o Colexio Oficial da Profesión Veterinaria da Coruña. A entidade tamén fixo entrega duns premios especiais durante o seu 30 Aniversario que lle foron outorgados a Miguel Ángel Santalices Vieira (presidente do Parlamento de Galicia) e a Alicia Ferrero Gil (avogada e logopeda).