A Federación provincial Discafis COGAMI desenvolve un programa de atención integral que financia a Deputación de Ourense

A Federación provincial Discafis COGAMI desenvolve un programa de atención integral que financia a Deputación de Ourense

Un total de 17 entidades que forman parte da Federación Discafis COGAMI de Ourense e 78 persoas con discapacidade foron as beneficiarias do proxecto levado a cabo durante este ano de atención integral a persoas con discapacidade da provincia de Ourense.

Financiado pola Deputación de Ourense a través das subvencións para proxectos de prestación de servizos sociais para o ano 2023 cunha contía económica de 3.624€, a través deste programa desenvolvéronse actividades de apoio ao movemento asociativo, información, orientación e asesoramento, apoio xurídico, xestión económica e laboral, servizo sociosanitario e actividades de lecer inclusivo.