Ata Santiago de Compostela desprazouse parte da xunta directiva da Liga Reumatolóxica Galega (LIREGA) para presentar no Colexio de Médicos de A Coruña, a folla de ruta, a Axenda 2026 e reflexionar sobre os logros e desafíos no ámbito das enfermidades reumáticas, co gallo da conmemoración do 30 Aniversario da entidade durante este ano.
Entre as persoas asistentes a esta xuntanza estaban representantes do ámbito sanitario, da investigación e do asociacionismo, que salientaron a traxectoria de LIREGA durante estas décadas na prestación de servizos á persoas con enfermidades reumáticas. LIREGA contou neste encontro co subdirector de Humanización e Atención á Cidadanía da área sanitaria del Santiago de Compostela, Juan Manuel González; o representante de SOGARE COMC, Francisco Javier de Toro; do Grupo FIDIS, Rodolfo Gómez; da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, Cristina Pérez; de FEGEREC, Carmen López e de EUPATI, David Trigos.
Esta xornada serviu para presentar fitos acadados durante estes trinta anos de traxectoria da entidade tras un traballo de colaboración con diferentes organismos públicos e privados, destacando: os procesos de humanización e a creación de consellos de áreas de pacientes coa participación das entidades na planificación sanitaria; a participación de pacientes nos proxectos de investigación; reactivación dun enfoque sobre pacientes maiores; maior eficacia no tratamento da dor, un dos síntomas máis discapacitantes nas enfermidades reumáticas e posta en valor das entidades de pacientes na mellora da calidade de vida das persoas usuarias.
LIREGA presentou tamén a Axenda 2026 que vai centrar na consolidación da participación cidadá, no impulso da investigación centrada no paciente, na mellora da atención integral e no fomento da colaboración estreita ente institucións sanitarias e de investigación.