A Mariña COGAMI colabora co Concello de Ribadeo nun proxecto piloto de mellora da accesibilidade nas praias

Representantes da asociación A Mariña COGAMI acompañaron ao alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a Madrid durante a súa participación na Federación Española de Municipios e provincias. O rexedor presentou aquí un proxecto piloto no que están a traballar conxuntamente e que consiste en facilitar o baño das persoas con mobilidade reducida nunha das praias do municipio.

Segundo explicou o Alcalde, “o único Concello que vai ter un proxecto piloto nunha das praias de Ribadeo, que estamos analizando cal vai ser,  para ter persoal de apoio para axudar ás persoas con mobilidade reducida, para que poidan introducirse na auga e así, con tranquilidade, dar un baño”.

Dende A Mariña COGAMI, o seu presidente,  Benigno Martínez, agradeceu ao Alcalde polo seu compromiso e expresou que "participar neste proxecto piloto para o baño accesible na praia, unha iniciativa pioneira, supón materializar un dos nosos grandes obxectivos como entidade: facer efectivo o dereito ao lecer e á participación social en condicións de plena igualdade". 

O Alcalde concluía que Ribadeo convertirase no “único Concello de Galicia que vai ter persoas de apoio e persoas moi cualificadas e que están a defender todos os días ás persoas con discapacidade, con mobilidade reducida, como é a asociación A Mariña COGAMI”.

Galería de imaxes

Todas