A asociación A Mariña COGAMI mellorou a calidade de vida de 30 persoas usuarias da entidade a través do Programa de Promoción da Autonomía Persoal para Persoas con Discapacidade.
Cun investimento de 38.996,40 euros procedentes do Plan de Prioridades da Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica (COCEMFE) e que financia a Fundación ONCE, os fondos foron destinados ao mantemento do centro e á contratación do persoal que xestionou e levou a cabo a organización das sesións de fisioterapia, psicoloxía e terapia ocupacional.
A través deste programa, do que se beneficiaron persoas con discapacidade dos concellos de Burela, Viveiro, Foz e Ribadeo, conseguiuse ofrecer un apoio esencial para mellorar a súa autonomía e benestar.
Programas como este son clave para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade na contorna rural.