A Asociación Ámbar abre a reserva anticipada da 12ª edición do Calendario Solidario para o ano 2027 que este ano xira arredor da temática do cinema español. Como en edicións anteriores, volve contar coa colaboración do fotógrafo Pichero.
Esta iniciativa combina creatividade e inclusión coa participación activa das persoas usuarias da entidade Ámbar, tendo como obxectivo principal visibilizar a discapacidade e impulsar proxectos que garantan unha vida independente e plena na comunidade.
A recadación obtida trala venda dos calendarios destinarase integramente a impulsar o proxecto de Vivendas Inclusivas no edificio de Praia Xardín, un espazo cedido polo Concello de Boiro. Esta iniciativa supón un paso fundamental para seguir promovendo o benestar, a autonomía e o dereito á vida independente das persoas con discapacidad.
As persoas interesadas en adquirir un exemplar, poden facelo a través destas canles:
Páxina web: asociacionambar.org/calendario-solidario-2027/
Teléfono: 981 87 44 80
Enderezo electrónico: comunicacion@asociacionambar.org
Presencialmente: Achegándose ao Centro de Recursos que ten a entidade.
Cada calendario, ademais de poñer en valor o cine, deseñouse como unha ferramenta esencial para seguir construíndo unha sociedade máis xusta, onde a vida independente sexa unha realidade para todas as persoas.