A X Solidaria fai posible a terapia ocupacional para 28 persoas con esclerose múltiple en AVEMPO

Un total de 28 persoas socias da Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra (AVEMPO) participan no servizo de Terapia Ocupacional que ofrece a entidade, financiando pola X Solidaria a través dos fondos do 0,7 % do IRPF que a Xunta de Galicia destina a programas de interese social.

Este servizo ten como obxectivo mellorar a funcionalidade e preservar o maior grao posible de autonomía das persoas con esclerose múltiple, mediante sesións de terapia ocupacional adaptadas ás súas necesidades. Ademais, AVEMPO prevé incorporar proximamente novo material terapéutico que contribuirá a reforzar a atención e os beneficios do programa.

A entidade destaca a importancia de garantir a continuidade dos servizos de atención e rehabilitación, fundamentais para afrontar unha enfermidade crónica e progresiva como a esclerose múltiple. Por este motivo, fai un chamamento á cidadanía para que marque o recadro 106 de fins sociais na súa declaración da renda, un xesto solidario que permite financiar programas esenciais para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e enfermidades neurodexenerativas.

Galería de imaxes

Todas