A X Solidaria financia o programa de atención social da entidade Acem Coruña


A Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple (ACEM) continúa desenvolvendo un programa de atención social, asesoramento e intervención dirixido a persoas con esclerose múltiple, unha iniciativa coa que se prevé beneficiar a 12 persoas na provincia da Coruña.

A través deste programa préstase un servizo de traballo social orientado a dar resposta ás distintas necesidades que poden xurdir nas persoas con esclerose múltiple, ao tempo que se busca reducir as dificultades ás que se enfrontan no seu día a día e mellorar a súa calidade de vida.

O programa está financiado con fondos procedentes do 0,7 % do IRPF, coñecidos como X Solidaria, destinados á realización de programas de interese social que xestiona a Xunta de Galicia.

Galería de imaxes

Todas