Un total de seis persoas con esclerose múltiple participan no programa de atención social, asesoramento e intervención especializada dedicada á prestación do servizo de traballo social que desenvolve a Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple (ACEM Coruña).
A través da realización deste programa, a entidade ten como obxectivo cubrir as
distintas necesidades que poden presentar as persoas afectadas con esclerose
múltiple, ademais de intentar minimizar aquelas dificultades coas que se encontra
a persoa na súa vida diaria.
O programa está cofinanciado pola Xunta de Galicia a través dos fondos que proveñen da subvención do 0,7 % do IRPF, de todas aquelas persoas que marcaron o recadro de Actividades de Interese Social cando realizaron a súa declaración da renda, coñecido polo recadro da X Solidaria.