Durante o ano 2024, a Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple (ACEM) desenvolveu un programa de atención social, asesoramento e intervención especializada destinado a persoas con esclerose múltiple, do que se beneficiaron 8 persoas, 6 mulleres e 2 homes, con un alto grao de discapacidade.
Este servizo, enmarcado no programa de traballo social da entidade, tiña como obxectivo principal minimizar as dificultades ás que se enfrontan as persoas que teñen esclerose múltiple e potenciar a súa autonomía persoal. Para conseguilo, proporcionouse información, asesoramento e axuda sobre os distintos recursos dispoñibles aos que poden acceder as persoas con esta patoloxía.
O programa foi financiado pola Xunta de Galicia a través da convocatoria de subvencións destinadas a programas de interese xeral para fins de carácter social, financiados pola asignación tributaria do 0,7% do IRPF, coñecida como a ‘X Solidaria’.
Con esta iniciativa, ACEM Coruña reafirma o seu compromiso coa mellora da calidade de vida das persoas afectadas por esclerose múltiple, ofrecendo apoio e recursos que contribúan ao seu benestar e inclusión.