O vindeiro domingo, 12 de xaneiro, terá lugar o XIV Festival Benéfico ADISBISMUR na Casa da Cultura de Mazaricos (A Picota) a partir das 17:00 horas. Este evento, consolidado como unha cita imprescindible no calendario cultural da comarca, ofrecerá unha tarde chea de teatro, música, bailes e moitas risas para todos os públicos.
Nesta ocasión, contaremos coa participación especial das Pandeireteiras da Solaina e da Escola de Música (ESMU) de Carnota, que se suman ao amplo programa artístico para facer desta unha xornada inesquecible.
Ademais, o festival continuará o domingo 19 de xaneiro na Casa da Cultura de Outes, onde se manterá a mesma esencia: diversión, cultura e solidariedade.
O obxectivo deste festival é recadar fondos a través dun donativo de 5 euros, destinados a apoiar as actividades e proxectos de ADISBISMUR, unha entidade comprometida co benestar das persoas con discapacidade da comarca.
O evento conta coa colaboración de GADIS, EROSKI, Carnicerías H. Pena e o Concello de Mazaricos, que fan posible a celebración dun festival que combina entretemento e compromiso social.
Para ampliar información, contactar coa entidade no mail adisbismur@cogami.gal ou no teléfono 981764377 - 636846774