Alcer conmemora o Día Mundial do Doante de Órganos

A Unión de Transplantados de Órganos Sólidos, entre as se atopan todas as entidades Alcer, xúntanse para render unha homenaxe a todas as persoas doantes e familiares, ademais de  sensibilizar na importancia da doazón: un corpo pode chegar a salvar ata 8 vidas.

Segundo os datos da Organización Nacional de Transplantes, España alcanzou cifras récord con 6.464 transplantes (un aumento do 10%), consolidando unha taxa de 132,8 transplantes por millón de habitantes. A pesar deste éxito, 5.096 pacientes seguen en lista de espera.

En Galicia, os transplantes aumentaron un 28%, sendo o ano con maior aumento de intervencións: 208 riles, 48 fígados, 64 pulmóns e 30 corazóns, dando un resultado de 242 transplantes en total.  O ano pasado rematou con 193 persoas á espera dun órgano en Galicia que lle permitira seguir adiante co seu proxecto de vida.

Aínda que estas estatísticas son positivas, segue sendo necesario sensibilizar á sociedade na importancia da doazón de órganos para salvar outras vidas. Dende Alcer apuntan que as negativas familiares para a doazón aumentaron en Galicia nun 19% , algo por riba da media estatal.

As entidades Alcer teñen programados para esta semana diferentes actos de sensibilización e concienciación nos centros sanitarios e prazas de todas as cidades galegas.

Galería de imaxes

Todas
|
COGAMI
|
ENTIDADES COGAMI