A Asociación Lucense de Esclerose Múltiple, ALUCEM, entregoulle unha placa conmemorativa a COGAMI en agradecemento ao apoio prestado dende a incorporación da entidade lucense ao movemento asociativo.
O secretario de COGAMI, Víctor Silva, e o presidente da Federación COGAMI Lugo, José Luís Lolo, participaron nos actos do 30 aniversario de ALUCEM, celebrados esta fin de semana nun encontro que reuniu profesionais da medicina, representantes institucionais, entidades sociais, persoas socias e familias.
Durante a conmemoración, ALUCEM recoñeceu o compromiso de organismos e entidades que acompañaron o seu labor ao longo destas tres décadas. Entre elas, COGAMI recibiu unha das placas conmemorativas en sinal de agradecemento pola colaboración e apoio mantidos.