Ambar lanza unha nova plataforma de comercio electrónico para visibilizar o talento das súas persoas usuarias

O portal permite presentar e vender produtos artesanais directamente ao público, fomentando a autonomía e o apoderamento das persoas usuarias.


A Asociación Ambar vén de anunciar a posta en marcha dunha nova plataforma de comercio electrónico, unha ferramenta clave para promover a autonomía das persoas usuarias e visibilizar o seu talento e creacións.

Na presentación oficial estiveron a presidenta de Ambar, Milagros Rey, a coordinadora xeral da entidade, Helena Teira, así como representantes da firma especializada en alimentación Congalsa: a directora de Relacións Externas, Isabel Cañas, e a adxunta do seu departamento, Irene Souto. Todas elas destacaron a sólida e inclusiva traxectoria de colaboración entre ambas as entidades.

A través desta ferramenta dixital, as persoas usuarias de Ambar poden presentar e vender directamente ao público unha ampla gama de produtos artesáns elaborados nos centros de atención diúrna. Este proxecto supón unha oportunidade de desenvolvemento, visibilización e contribución á comunidade, reforzando o apoderamento e a participación activa das persoas usuarias.

A relación entre Ambar e Congalsa é un exemplo de como a colaboración entre o tecido asociativo e o empresarial xera un impacto positivo e duradeiro na contorna social e comunitaria.

Galería de imaxes

Todas