A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional organizou unhas xornadas sobre formación xurídica abertas á comunidade, ás que asistiron familiares de persoas usuarias do centro e profesionais da entidade.
Cofinanciada pola Xunta de Galicia e a Unión Europea, esta charla foi realizada no centro de servizos de atención diúrna da asociación e impartida polo avogado Pablo Ferreirós Vidal que ten o seu despacho na localidade de Boiro.
O tema principal que se abordou durante a xornada foi sobre a sucesión testada e tratouse sobre como realizar a xestión de bens das persoas con medidas de protección xudicial.