Ámbar reforza o apoio ás familias co programa “Tempo en Familia”

A Asociación Ambar continúa consolidando o programa “Tempo en Familia”, unha iniciativa que se desenvolve como espazo de encontro, apoio e aprendizaxe para as familias e a contorna das persoas con discapacidade.

Cada sesión aborda unha temática específica adaptada ás necesidades reais do colectivo, combinando contidos prácticos con espazos para o intercambio de experiencias. Tras a boa acollida da xornada de xaneiro, “Calma, movemento e conexión”, centrada en técnicas de ioga e estratexias de relaxación para a xestión do estrés, a entidade puxo o foco na sesión do 26 de febreiro na promoción da vida autónoma.

A xornada máis recente estivo dedicada ao Servizo de Comunidade, un dos piares fundamentais de Ambar e unha ferramenta clave para avanzar cara a vidas independentes en contornas inclusivas. A través deste servizo, a entidade promove a inclusión, ofrece apoios personalizados e fomenta o sentimento de pertenza.

As xornadas de “Tempo en Familia” están abertas a toda a cidadanía interesada en coñecer, aprender e compartir experiencias.

Galería de imaxes

Todas