AMICO finaliza o seu servizo de rehabilitación cun impacto positivo en 25 persoas

AMICO finaliza o seu servizo de rehabilitación cun impacto positivo en 25 persoas

Despois de doce meses de actividade, a asociación AMICO remata a 14 edición do Programa de Rehabilitación no que participou un total de 25 persoas socias desta entidade compostelá.

Este programa estivo subvencionado cun importe de 11.965,31 euros pola Deputación de A Coruña, a través do FOAXE-P/2024. É continuista de edicións anteriores e permite a persoas con discapacidade da provincia, socias e que presentan distintas circunstancias e características derivadas das situacións de discapacidade e dependencia, un conxunto de actividades a un prezo axustado: o custo que asume a persoa é de 10 euros ou de 18 euros, segundo os criterios establecidos pola asociación, o resto do servizo sufrágase coa financiación.

Estivo dirixido principalmente a persoas adultas pero tamén a menores con discapacidade que teñen acceso a tratamentos e actividades especializadas para a mellora e rehabilitación integral. Tras pasar por este programa, as persoas notaron melloras na calidade de vida, a nivel de autonomía, de participación activa e en actividades que se dirixen á vida independente.

Dende que iniciou este programa de rehabilitación AMICO, saíron beneficiadas máis de 570 persoas.