Anxo Queiruga renova a presidencia de COCEMFE, entidade estatal representativa da discapacidade física e orgánica

Anxo Queiruga renova a presidencia de COCEMFE, entidade estatal representativa da discapacidade física e orgánica

Tras celebrarse unha asemblea extraordinaria en Madrid, o presidente de COGAMI, Anxo Antón Queiruga Vila, renova o cargo da presidencia de COCEMFE (Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica), entidade estatal que representa ás entidades da discapacidade física e orgánica en España.

Esta reelección, que contou co apoio unánime das entidades estatais, autonómicas e provinciais convocadas, supón a terceira lexislatura na que Anxo Queiruga continuará no cargo por catro anos máis, converténdose na cabeza visible das máis de 2,5 millóns de persoas que representa COCEMFE.

 “Continuaremos facendo un traballo incansable dende todas as instancias, baseado no diálogo, en ser propositivos, en levar a nosa capacidade de colaboración e ofrecer solucións”, expresou Queiruga tralo seu nomeamento e engadiu que “non imos dubidar cando se trate de deixar claro que a defensa dos nosos dereitos é inaprazable e ineludible” e “non permitiremos pasos atrás neste sentido”.

Anxo representará, a través de COCEMFE, a máis de 1.600 asociacións en todo o territorio español, que atenden a máis de 2,5 millóns de persoas usuarias, converténdoa na entidade máis representativa da discapacidade en España.