As entidades sociais da Costa da Morte e da comarca do Deza mobilízanse para impulsar a X Solidaria na renda

As entidades sociais do Terceiro Sector da Costa da Morte e da comarca do Deza uníronse para animar á cidadanía a marcar o recadro 106 na declaración da renda, correspondente á coñecida como X Solidaria.

Na Praza do Mercado da Estrada concentráronse Agadea, Apacaf e o centro de atención diúrna de COGAMI en Medelo. Pola súa banda, na Praza do Concello de Carballo participaron a Asociación Española Contra el Cáncer, Afaber, Apem, Cruz Roja, Íntegro e Un Paso Máis.

Durante ambos actos, as persoas asistentes formaron unha gran cruz humana e deron lectura a un manifesto co que explicaron o impacto dos programas sociais financiados a través do 0,7 % do IRPF.

En plena campaña da renda, as entidades queren reforzar a mensaxe de que marcar o recadro 106 non supón ningún custo adicional para a persoa contribuínte e permite destinar parte dos impostos a iniciativas que melloran a calidade de vida de persoas en situación de vulnerabilidade, fortalecendo ademais os servizos e infraestruturas do tecido social.

Galería de imaxes

Todas