A Asociación de Pais de Persoas con Diversidade Funcional de Teo (ASPAMITE) dou inicio ás obras para a eliminación de barreiras arquitectónicas e o acondicionamento do espazo exterior da súa sede que ten situada en Calo, no Concello de Teo. Este proxecto ten como obxectivo mellorar a accesibilidade do recinto, garantindo que todas as persoas poidan acceder ás instalacións de maneira cómoda e segura.
Entre as actuacións previstas inclúese o cambio do pavimento existente por un antideslizante, a eliminación ou redución das pendentes, a construción dunha rampla de acceso ao local polo lateral esquerdo, así como a instalación de pasamáns nos accesos.
Este proxecto faise cos fondos procedentes do 0,7% do IRPF das persoas contribuíntes que marcaron o recadro 106 de “Actividades de interese xeral consideradas de interese social” na declaración da renda, xestionados pola Xunta de Galicia. Tamén conta co apoio da Deputación de A Coruña, a través da subvención a entidades sen ánimo de lucro para o investimento en Servizos Sociais.