COCEMFE presenta os resultados de RUMBO, proxecto innovador do que COGAMI formou parte para transformar a atención á discapacidade

COCEMFE presenta os resultados de RUMBO, proxecto innovador do que COGAMI formou parte para transformar a atención á discapacidade

Finaliza o Proxecto RUMBO, desenvolvido entre 2022 e 2024, para deseñar, testar e validar modelos innovadores de apoio que garanten o dereito á vida independente e autonomía persoal de persoas con discapacidade. Unha das entidades que traballou neste proxecto en Galicia foi  COGAMI, como membro da entidade coordinadora COCEMFE e impulsora xunto a ASPACE, IMPULSA IGUALDAD, DAÑO CEREBRAL ESTATAL e AUTISMO ESPAÑA, tras ser financiada polo Ministerio de Derechos Sociales, Consumo y Agenda 2030 e os fondos europeos NextGenerationEU, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

RUMBO permitiu testar modelos innovadores de apoio á autonomía persoal, como a asistencia persoal, alternativas habitacionais accesibles, servizos de proximidade e tamén solucións tecnoloxías centradas na persoa. Ademais, este proxecto permitiu realizar un estudo de retorno social do investido, estimando un impacto de 17,6 millóns de euros derivados do modelo de asistencia persoal, cun retorno de 3,75 euros por cada un investido.

Como resultado da experiencia acumulada, RUMBO articulouse nun modelo integral de apoios á autonomía persoal e vida independente, abarcando dende a asistencia persoal, apoios sociosanitarios ata a adecuación de vivendas, formación en habilidades para a vida autónoma e participación comunitaria.

RUMBO desenvolveuse en cinco comunidades autónomas (Andalucía, Aragón, Castela e León, Cataluña e Galicia), implicando a 22 entidades e 280 profesionais, beneficiando a 6.225 persoas con discapacidade, un 47,5% mulleres e un 37,8% residentes no medio rural.