COGAMI achega a discapacidade ao alumnado do IES Monte da Vila de O Grove

COGAMI achega a discapacidade ao alumnado do IES Monte da Vila de O Grove

Podes descargar a nota aquí

Dúas Traballadoras Sociais de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) desprazáronse ata o IES Monte da Vila de O Grove para achegar a discapacidade ao alumnado de primeiro de bacharelato.

Máis de 60 alumnas e alumnos asistiron a unha charla de sensibilización coa que se pretende explicar que é a discapacidade, as tipoloxías que hai e como se debe tratar a unha persoa que ten discapacidade. Ademais, tras finalizar esta charla, o alumnado tivo a oportunidade de poñerse no lugar dunha persoa con mobilidade reducida mediante  dinámicas de grupo, nas que experimentaron o desprazamento a través dunha cadeira de rodas ou tamén como se pode camiñar cos ollos tapados.

É a primeira vez que COGAMI se despraza ata este centro para impartir charlas de sensibilización entre o alumnado deste instituto de O Grove, coas que se pretende tratar de concienciar sobre a diversidade que existe na sociedade, de que todas as persoas somos diferentes e de que todas temos capacidades.

Galería de imaxes