A Conselleira de Política Social e Igualdade, Ángeles Vázquez, e o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, asinaron un convenio de colaboración para a adquisición de equipamento, tecnoloxía e innovación en COGAMI e nas asociacións membro para a autonomía e a inclusión de persoas con discapacidade.
Nesta sinatura estiveron presentes o director xeral de Persoas con Discapacidade, Perfecto Rodríguez, e, pola parte de COGAMI, o secretario, Víctor Silva; a coordinadora de Áreas, Charo Lema; e maila coordinadora de Promoción da Autonomía Persoal, Juani Tubío.
Este convenio de colaboración destina de 600.000 euros á renovación de equipamento, tecnoloxía e innovación nos centros de atención diúrna de COGAMI en Fingoi (Lugo), Medelo (Silleda), Monteporreiro (Pontevedra), Mos e Ferrol ademais dos centros de nove entidades membro: Aixiña, Avante, Vontade, Amarai, A Mariña, Ámbar, Agora, Íntegro e Misela.
Convenios como este permiten impulsar a autonomía e a inclusión de persoas con discapacidade do rural, favorecendo a mellora dos equipos de traballo, facilitando o día a día do persoal e mellorando os servizos das persoas participantes dos centros.