COGAMI e COCEMFE organizan neste mes de maio formación online en materia de discapacidade dirixida a profesorado

COGAMI e COCEMFE organizan neste mes de maio formación online en materia de discapacidade dirixida a profesorado

Patios e cultivo inclusivo, Mesas de luz e materiais sensoriais, Música inclusiva e Tics,  Sistema de comunicación Eneso Verbo e Prevención do acoso educativo son os títulos das cinco formacións que durante este mes de maio impartiu COGAMI a través de COCEMFE, co fin de achegar a discapacidade a profesionais do ensino.

Estas formacións estiveron enmarcadas dentro do programa de atención a persoas con necesidades educativas por motivo da súa discapacidade e do programa de Promoción da educación inclusiva en equidade e de calidade para o alumnado con discapacidade que financian o Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 e o Plan de Prioridades de Fundación ONCE.

Os seminarios, de carácter gratuíto, impartíronse en formato online tendo como finalidade asesorar e informar a profesionais da educación para promover a educación inclusiva en equidade e de calidade para o alumnado con necesidades educativas específicas.

Un total de 376 profesionais do ámbito educativo das cidades de A Coruña, Lugo e Vigo participaron nestas cinco formacións: 86 persoas na de Patios e cultivo inclusivo; 119 persoas en Mesas de luz e materiais sensoriais; 69 persoas en Música inclusiva e Tics; 88 en Sistema de comunicación Eneso-Verbo e 14 en Prevención do acoso educativo.