Un ano máis, COGAMI e Femxa formalizan un convenio de colaboración co fin de compartir sinerxías que benefician tanto ás persoas usuarias como ás traballadoras de COGAMI. Femxa é un grupo empresarial especializado na impartición de plans formativos dirixidos ao emprego, proporcionando formación sen custo para as persoas interesadas.
A través deste convenio, COGAMI comprométese a difundir, a través da súa páxina web e redes sociais, a oferta formativa que Femxa ten preparada para este ano. Estes cursos están financiados con fondos públicos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, dentro dun programa de formación en liña gratuíta que permitirá adquirir novas competencias e mellorar a empregabilidade en distintos sectores.
A oferta formativa está dirixida a persoas traballadoras por conta allea e autónomas de Galicia, con especial foco na xestión empresarial, optimización de procesos, liderado, dixitalización e tamén na formación no ámbito educativo infantil.
As persoas interesadas poden consultar o temario e solicitar praza na web: www.cursosfemxa.es/ocupados-galicia-cogami. Para máis información, tamén poden contactar a través do teléfono gratuíto 900 100 957, do WhatsApp 619 926 324 ou do correo electrónico hola@cursosfemxa.es.